|
A xustiza pola man
Leira-Castiñeira, Francisco J. (Autor)
Cabo, Miguel (Autor) «A xustiza pola man» achega unha panorámica sobre as formas de conflitividade e violencia cotiá na Galicia contemporánea. Partindo dunha óptica común, inténtase comprender a sociedade a través dos conflitos e dunha das súas posibles derivacións, a violencia, entendida esta non como unha manifestación de irracionalidade, senón como síntoma das oposicións e loitas de poder inherentes a calquera comunidade. En definitiva, preténdese expoñer unha visión afastada dos estereotipos que afondan nunha Galicia resignada aos designios do poder imperante.
«Un análisis novedoso, detallado y coherente sobre la violencia en el pasado que descubre las diferentes caras de la violencia, sus mutaciones y el lugar central que ha ocupado en la historia». Óscar Bascuñán Añover (Universidad Complutense de Madrid).
«Uma obra de leitura indispensável e urgente para quem deseje pensar a Galiza num tempo longo, além dos estereótipos sobre o conflito e a violencia». Paula Godinho (Universidade Nova de Lisboa).
«No tempo do retorno da política do medo e do neofascismo, estudar a violencia contribúe a suspender a súa aparente irracionalidade e axuda a entender o pasado e o noso presente». Álex Alonso Nogueira (City University of New York).
Colección:EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA E-book Páginas:392 Publicación:Septiembre de 2021 Precio: 9,99 € ISBN:978-84-9121-968-2 Código:1378811 Formato:ePub Temática:Violencia en la sociedad -- JFFE |