|
Pan con chocolate
Carballeira, Paula (Autor)
Este libro non conta unha historia, conta moitas historias. Este libro conta a historia dun neno chamado Gianni Rodari, pero tamén podería contar as historias de moitos outros nenos e moitas outras nenas que soñan e escriben para poder ter tantas vidas como queiran. Porque neste libro hai gatos, piratas, bruxas, cans, trens, corvos, teléfonos, cebolas, tomates... Imaxina ler este libro comendo pan con chocolate. Este é un libro para imaxinar aventuras. Este é un libro para xogar. Este é un libro para que te divirtas aínda máis.
Colección:INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN E-book Páginas:80 Publicación:Junio de 2021 Precio: 6,99 € ISBN:978-84-9121-921-7 Código:1377595 Formato:ePub Temática:Ficción general (infantil/juvenil) -- YFB |