|
Astérix: A filla de Vercinxetórix
Goscinny, René (Autor)
Ferri, Jean-Yves (Autor) Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...
Os dous galos máis famosos regresan nunha nova aventura realizada, como en ocasións anteriores, polo talentoso dúo creativo formado por Jean-Yves Ferri no guión e Didier Conrad na ilustración.
Escoltada por dous xefes arvernos, unha misteriosa adolescente chega de noite á aldea. Xulio César e os seus lexionarios búscana, pois murmúrase que o pai desta enigmática visitante non é outro que... o gran Vercinxetórix, vencido dous anos antes en Alesia.
Colección:INFANTIL E XUVENIL>CÓMICS E-book Páginas:48 Publicación:Octubre de 2019 Precio: 7,99 € ISBN:978-84-9121-583-7 Código:1377906 Formato:Kindle_KF8 Temática:Cómics y novelas gráficas -- YFW |