|
Onde nacen as hedras
Varela, Ana (Autor)
"Onde nacen as hedras" é un libro que agroma dun derrubamento e constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono. Os poemas sitúannos no lugar do oráculo que todo o ve, desde os sinais que anuncian a primeira fenda até que nos asomamos ao oco, a ruína mesma.
Alí, onde nacen as hedras que cosen a memoria e terman da palabra, fica só o poema como testemuño do que xa non é, mais tamén do que sobrevive.
Colección:EDICIÓN LITERARIA>POESÍA E-book Páginas:64 Publicación:Noviembre de 2019 Precio: 5,99 € ISBN:978-84-9121-605-6 Código:1378512 Formato:ePub Temática:POESÍA -- DC |