O tatuador de Auschwitz
Morris, Heather (Autor)
"O tatuador de Auschwitz", de Heather Morris, conta a historia real de Lale e Gita, dous xudeus eslovacos que conseguiron sobrevivir ao Holocausto. Lale era un tatuador ao que os nazis obrigaban a gravar a numeración nos brazos dos prisioneiros. Así coñeceu a Gita, da que namorou intensamente, tanto que grazas a iso puideron recobrar o sentido da vida e sobrevivir ao horror. "O tatuador de Auschwitz" é un extraordinario relato de superación, amor e supervivencia no medio do Holocausto. Cando remata a guerra, Lale e Gita volven atoparse e deciden trasladarse a Australia para iniciar unha nova vida. Unicamente tras a morte de Gita, Lale decide dar a coñecer a súa incrible historia a través de Heather Morris. «Sincera, emotiva.» (The Sunday Times) «Unha lectura realmente notable.» (Dan Walker, BBC Breakfast) «Unha historia emotiva e redentora de amor e altruísmo.» (Times Literary Supplement) «A incrible historia do tatuador de Auschwitz que atopou o amor no campo de concentración... Desgarrador.» (The Independent)

Colección:EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA

Páginas:296

Publicación:Octubre de 2019

Precio: 18,00 €

ISBN:978-84-9121-565-3

Código:1331447

Formato:Papel

Temática:FICCIÓN MODERNA Y CONTEMPORÁNEA -- FA
Historia: acontecimientos y temas específicos -- HBT
El Holocausto -- HBTZ1
Historia del siglo xx: c. 1900-c. 2000 -- HBLW