Otros formatos
Papel
Precio: 19,50 €
ISBN: 978-84-9121-497-7
As mulleres da fin do mundo
Asorey, Daniel (Autor)
Rebeca observa dende a xanela do seu cuarto a destrución da Capital do Mundo e emprende unha marcha na procura da supervivencia. Fóra de Muros, Blau, muller por decisión propia, lidera o seu pobo nunha revolta contra a inxustiza e a desigualdade. Moi lonxe, nunha terra invadida e desangrada pola guerra, Faheema observa como un helicóptero imperial cae abatido na base do lexionario Tichborne, soldado alistado nunha guerra sen final. Elas e el sobreviven nun mundo que agoniza, aparentemente dirixido polo Supremo Líder, Albert Sabaf. A partir desa diversidade de espazos, todas e todos acabarán por confluír nunha historia en que as mulleres han loitar por construíren o futuro. "As mulleres da fin do mundo" é unha novela de Daniel Asorey que nos deixa sen alento. Foto da portada: © Javier Teniente

Colección:EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book

Páginas:248

Publicación:Marzo de 2019

Precio: 8,49 €

ISBN:978-84-9121-498-4

Código:1378295

Formato:ePub

Temática:OBRA DE MISTERIO Y SUSPENSE -- FH