|
O mar que nos leva
Fuentes, Moncha (Autor)
Cun comezo fascinante e unha enorme capacidade evocadora, O mar que nos leva é unha novela que nos arrastra, da man dunha muller chamada Mariña, pola memoria persoal, política e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela e da emigración a Bos Aires dos anos 30. Esta é unha novela narrada con enorme detallismo e minuciosidade na descrición de atmosferas, espazos e territorios físicos e emocionais, que fai gala dun rexistro lingüístico brillante. Nun momento crítico da súa vida, Mariña Brei percorre o seu pasado e o da súa familia, desde Mens a Pontevedra, dándolle forma a unha novela espléndida, ateigada de referencias literarias e políticas, de conflitos persoais, que envolve aos lectores e lectoras nun remuíño de sensacións e intensas vivencias.
Colección:EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book Páginas:160 Publicación:Noviembre de 2018 Precio: 8,49 € ISBN:978-84-9121-455-7 Código:1378291 Formato:ePub Temática:FICCIÓN MODERNA Y CONTEMPORÁNEA -- FA |