Otros formatos
Papel
Precio: 18,95 €
ISBN: 978-84-9121-305-5
As sete mortes de Leopoldo Pardo
Bóveda, Jorge Emilio (Autor)
Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo deberá documentar graficamente a existencia deses antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa considerada fácil en primeira instancia... Bóveda ofrece, agora en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do inefable Leopoldo Pardo, comezadas en "Asasinato no centro comercial" e continuadas en "A morte vén en chancletas". «"As sete mortes de Leopoldo Pardo" é unha das mellores obras do autor ourensán, na que se conxugan a ironía, un pouso tolo de obras de Vicente Risco e Curros Enríquez, e unha análise revelada da putrefacción nos comportamentos sociais de hoxe en día.» (Herminio Espada Gómez) «Unha revisión moderna do "Divino Sainete", unha homenaxe secreta á novela "Drácula", chea de simbolismos e chiscadelas a dúas culturas: a galega e a popular. En definitiva, outra xanela aberta nas letras galegas.» (Francisco Roque Brito)

Colección:EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book

Páginas:168

Publicación:Enero de 2018

Precio: 8,49 €

ISBN:978-84-9121-306-2

Código:1378271

Formato:ePub

Temática:FICCIÓN MODERNA Y CONTEMPORÁNEA -- FA