O tatuador de Auschwitz
Morris, Heather (Autor)
"O tatuador de Auschwitz", de Heather Morris, conta a historia real de Lale e Gita, dous xudeus eslovacos que conseguiron sobrevivir ao Holocausto. Lale era un tatuador ao que os nazis obrigaban a gravar a numeración nos brazos dos prisioneiros. Así coñeceu a Gita, da que namorou intensamente, tanto que grazas a iso puideron recobrar o sentido da vida e sobrevivir ao horror.
"O tatuador de Auschwitz" é un extraordinario relato de superación, amor e supervivencia no medio do Holocausto.
Cando remata a guerra, Lale e Gita volven atoparse e deciden trasladarse a Australia para iniciar unha nova vida. Unicamente tras a morte de Gita, Lale decide dar a coñecer a súa incrible historia a través de Heather Morris.
«Sincera, emotiva.» (The Sunday Times)
«Unha lectura realmente notable.» (Dan Walker, BBC Breakfast)
«Unha historia emotiva e redentora de amor e altruísmo.» (Times Literary Supplement)
«A incrible historia do tatuador de Auschwitz que atopou o amor no campo de concentración... Desgarrador.» (The Independent)
Colección:EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
Páginas:296
PublicaciónOctubre de 2019
Precio: 18,00 €
ISBN:978-84-9121-565-3
Código:1331447
Formato:Papel
Temática:FICCIÓN MODERNA Y CONTEMPORÁNEA -- FA
Historia: acontecimientos y temas específicos -- HBT
El Holocausto -- HBTZ1
Historia del siglo xx: c. 1900-c. 2000 -- HBLW

Imprimir ficha

Comprar