Compartir |
Otros formatos
ePub
Precio: 10,48 €
ISBN: 978-84-9121-668-1
Tecermos redes, crearmos comunidade
Nunes Brións, Andrea (Autor)
"Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez" é un monográfico que contén un conxunto de estudos cuxa vontade é a de reflectir a riqueza literaria dunha das maiores escritoras con que conta hoxe en día o sistema literario galego. Neste sentido, considerouse interesante traballar no tempo da autora debido a que as súas temáticas tocan de preto e implícanse fortemente coa(s) nosa(s) realidade(s) e co xeito que temos de habitar o mundo, de nomealo e de relacionarnos con el. É por este motivo polo que achegamos unha parte didáctica orientada aos equipos docentes galegos que queiran traballar dunha maneira lúdica e alternativa algunhas das súas obras; como tamén unha outra de carácter máis formal e científico e un texto literario que relé a obra máis sonada da autora. Deste xeito, deixamos constancia do necesario fío condutor que existe entre literatura e docencia, ao tempo que constatamos a utilidade política e transformadora da palabra de Reimóndez. O presente volume, en resumo, non é un monográfico ao uso, porque queriamos facer deste libro o trasunto do mundo que Reimóndez nos agasalla nos seus libros: un mundo plural, diverso e feminista.

Colección:OBRAS DE REFERENCIA>MANUAIS>LINGUA E LITERATURA

Páginas:304

PublicaciónJunio de 2020

Precio: 24,00 €

ISBN:978-84-9121-676-6

Código:1327154

Formato:Papel

Temática:Estudios literarios: general -- DSB


Imprimir ficha

Comprar