Compartir |
As bolboretas do Mekong
Sánchez Iglesias, Cesáreo (Autor)
No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm. Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra e Shatila, Saraxevo, Auschwitz..., o poeta percorre as terras que o río Mekong irmanda coma un combatente solitario, coma un bo doi, e atopa as cicatrices que cobren o corpo do Vietnam e da Camboxa actuais. As bolboretas do Mekong pretende ser un libro xusto con estes pobos que venceron a maior maquinaria de guerra nunca coñecida e que hoxe rebordan esperanza. A pesar da morte que os marcou, que abrasou a selva e envelenou a terra, colleitan de novo o sementado polas xeracións precedentes. Porque as chuvias cálidas do monzón seguen asolagando cada ano os eidos das chairas de arroz.

Colección:EDICIÓN LITERARIA>POESÍA

Páginas:216

PublicaciónNoviembre de 2018

Precio: 18,00 €

ISBN:978-84-9121-450-2

Código:1322257

Formato:Papel

Temática:Poesía de poetas individuales -- DCF


Imprimir ficha

Comprar