|
O xogo de Babel
Gallego Abad, Elena (Autor)
«Pandora é o perigo; Babel, a confusión.
O noso amor non ten futuro.»
Ou si?
Atreveríaste a acudir a unha cita a cegas?
Un cruceiro polo Mediterráneo, Tunisia, Libia, Malta... Uns ollos de cor verde intensa, coma o mar en días de temporal... E Patricia, agora casada co profesor que un día dirixiu a súa frustrada tese de doutoramento, que descobre na pequena filla Mencía a pegada dun amor esquecido que regresa para atormentala.
Alén dunha simple aventura, "O xogo de Babel" traza, desde os distintos puntos de vista e circunstancias dos protagonistas, un intenso triángulo amoroso complicado pola fidelidade debida a unha antiga amizade que, desde a infancia, une marido e amante.
Colección:EDICIÓN LITERARIA>MILMANDA E-book Páginas:200 Publicación:Junio de 2017 Precio: 8,49 € ISBN:978-84-9121-215-7 Código:1378256 Formato:ePub Temática:FICCIÓN MODERNA Y CONTEMPORÁNEA -- FA |