Compartir |
Otros formatos
Papel
Precio: 18,95 €
ISBN: 978-84-9121-338-3
A crueldade de abril
Ameixeiras, Diego (Autor)
Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares, cae axiña no esquecemento. Ninguén se concentrará nunha praza pola parella. Ninguén se indignará nun programa de televisión. Ninguén apelará ás nosas conciencias nas redes sociais. Eses mortos, simple estatística, descansarán baixo a alfombra da nosa mesquindade. Unha novela escura e opresiva, escrita cun desacougante lirismo, sobre a miseria moral que habita en nós. Un rexistro turbador da violencia contemporánea, na súa representación máis sórdida e brutal, sen fuxir dos ángulos en sombra dunha realidade desalentadora. Unha inspección precisa da ignominia en curso dos nosos días, relatada sen apartar os ollos do horror. Un relato atravesado por unha estraña e clarividente poesía da crueldade. Os protagonistas coñecen o abismo. Non hai aquí espazo para a esperanza. Só para unha historia salvaxe.

Colección:EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book

Páginas:136

PublicaciónAbril de 2018

Precio: 8,49 €

ISBN:978-84-9121-339-0

Código:1378278

Formato:ePub

Temática:GÉNERO POLICÍACO Y DE MISTERIO -- FF


Imprimir ficha

Comprar