Compartir |
Otros formatos
ePub
Precio: 6,75 €
ISBN: 978-84-9121-226-3
22 segundos
Mejuto, Eva (Autor)
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. "Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son." Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.

Colección:INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO

Páginas:136

Publicación:Junio de 2017

Precio: 12,15 €

ISBN:978-84-9121-239-3

Código:1365171

Formato:Papel

Temática:Ficción general (infantil/juvenil) -- YFB
Cuestiones personales y sociales: sexualidad y relaciones interpersonales (infantil/juvenil) -- YXS
Cuestiones personales y sociales: educación sexual y los hechos de la vida (infantil/juvenil) -- YXAX


Imprimir ficha

Comprar